Saltar ao contido principal

SPJ-USO, UN BURACO NEGRO QUE O ABSORBE TODO

Resulta inconcibible como determinado sindicalismo serve para todo e non ten reparo ningún (por non dicir vergoña) en mudar sibilinamente de prantexamentos e así, o que ferozmente foi criticado no seu día, agora resulta que é defendido por este sindicato sen maior problema, mostrándose como abandeirado dunha reclamación que nunca levou a cabo e da que estivo laiándose continuamente, botando lixo enriba das centrais sindicais que prantexamos dende o principio a vía da reclamación, entre as que se atopa a CIG, co maior número de reclamacións efectuadas.

A cuestión é que, estes días, SPJ-USO está levando a cabo unha campaña feroz de captación de persoal interino, a fin de formularlles reclamacións da TRAXECTORIA PROFESIONAL, a través da extensión de efectos dunha sentenza existente en Compostela. Curiosamente este sindicato, xunto con outros, mostrouse moi belixerante con aquelas outras centrais sindicais que iniciaramos o camiño dos recursos contenciosos para reivindicar o dereito de todas as traballadoras/es da Administración de Xustiza de Galiza a cobrar o complemento da traxectoria e agora, unha vez acadamos os demais as sentenzas estimatorias e achanzamos o camiño, resulta que son eles os que aparecen como defensores da patria, salvando ao persoal interino.

Todos estes anos SPJ-USO aquietouse ao que recollía o acordo asinado, dicindo que xa no seu momento o persoal interino percibiría a traxectoria, porque así o recollía o citado acordo. Agora hai quen quere subirse ao tren, cando xa partiu no ano 2020 co inicio das peticións administrativas e posteriores reclamacións xudiciais iniciadas pola CIG, tanto a nivel autonómico como de xustiza.

A CIG ten a conciencia moi tranquila, porque avisou a todo o persoal interino para que prantexaran a tempo as reclamacións pertinentes dende o inicio da implantación da traxectoria profesional e, de feito, a maioría das afiliadas/os da CIG teñen neste momento sentenzas estimatorias ou están pendentes de ditarse para percibir a traxectoria profesional desde o ano 2020.

Hai que salientar que estamos nesta situación porque a Dirección Xeral recorreu practicamente todas as sentenzas, estando pendentes nestes momentos algúns procedementos da inadmisión dos recursos de casación no Supremo, boicoteándose así a posibilidade que agora parece recoñecer no novo borrador da traxectoria profesional.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/10VukepCEg9vXdvUtKnLybQa73L7IhnzK/view?usp=sharing


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".