O sector de xustiza da CIG ven de abrir unha nova canle de información a través da plataforma TELEGRAM. Todas as/os que queiradades estar ben informados da actualidade da Administración de Xustiza en Galiza podedes subscribirvos a través do código QR que vos deixamos nesta nova ou seguindo as seguintes instrucións:
1) O primeiro paso é localizar a canle de Telegram. Isto é posible mediante a súa URL (https://t.me/Cigxustiza) ou usando a procura universal de Telegram.
2) Unha vez localizado debe pulsarse no botón "Unirme". Veralo na parte inferior da pantalla.
3) No momento no que desexes saír da canle, simplemente realiza unha pulsación prolongada sobre el e bórrao facendo clic en "Saír da canle" do diálogo emerxente.
Ligazón canle:
Comentarios
Publicar un comentario