Saltar ao contido principal

CONSEGUIDO O REFORZO PARA O XULGADO MIXTO DE CANGAS 2

Por fin, despois de moito insistir e tras un considerable retraso, a Dirección Xeral de Xustiza tomou en consideración a petición realizada pola CIG para o reforzo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cangas, con competencia en violencia de xénero, debido á carga de traballo que pesaba sobre dito órgano. Mesmo tamén chegamos a solicitar á xunta de xuices de Cangas, tal e como nos indicou o TSXG, que se modificaran as normas de repartición da poboación para adaptalas ás cargas de traballo dos tres órganos desa vila.

Ligazón escrito presentado solicitando reforzo:

https://drive.google.com/file/d/1MQa_HhBy49cjg0V5gZcA5quqJ90a_NDu/view?usp=sharing

Ligazón escrito solicitando modificación reparto:

https://drive.google.com/file/d/1rfoCjd98x4YV2fEq4p__IfmS-KfTPdOI/view?usp=sharing


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".