Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL CO MINISTERIO SOBRE A LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA

Abriu a Mesa Sectorial o Secretario Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo. Comezou cunhas palabras de acercamento, chegando a afirmar que desexaban a paz social para continuar coa tramitación do proxecto. Ofreceu a ampliación dos prazos recollidos na DT 4ª sobre a imposición das RPT'S e incluír unha cláusula adicional que recolla a preceptiva negociación. Tamén compareceu a Directora Xeral para o Servizo Público de Xustiza. 

Aínda así, consideramos que non son suficientes as garantías ofrecidas nin tampouco se recollen gran parte das nosas reivindicacións, como son garantir o mantemento dos actuais centros de destino ou recoller o  pagamento do 100% nas substitucións, entre moitas outras. 

A Administración afirma que acolle a nosa petición da recuperación do 50% para a promoción interna. 

Mentres non haxa un paso máis claro por parte do Ministerio cara o comezo da negociación real ou a paralización da tramitación do proxecto, continúamos o calendario de mobilizacións acordado polas organizacións sindicais presentes na mesa CIG, CSIF, STAJ, CCOO e UGT.

 
ESTE VENRES 16 DE DECEMBRO ÁS 11:00 NOS XULGADOS DA CORUÑA, ACUDE Á CONCENTRACIÓN POR UNHA NEGOCIACIÓN REAL DA LOEO E DAS NOSAS CONDICIÓNS DE TRABALLO.

Ligazón folla informativa: 

https://drive.google.com/file/d/1-dqv8HK83dv1v4M-YQtWWSzQ_5JUDPLq/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".