Saltar ao contido principal

NOVAS MOBILIZACIÓNS SOBRE A LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA


CSIF, STAJ, CCOO, UGT e CIG solicitamos a paralización da tramitación do proxecto de lei orgánica de eficiencia organizativa (LOEO) que imp
ón os tribunais de instancia sen negociación sobre condicións de traballo.

Nun escrito conxunto dirixido aos grupos parlamentarios da Comisión de Justicia, os cinco sindicatos solicitamos que non apoien a tramitación da lei de eficiencia organizativa mentres o Ministerio non inicie un proceso de negociación real e efectiva sobre o seu contido nin garanta a negociación das relacións de postos de traballo e os procesos de acoplamento con carácter previo á posta en marcha dos Tribunais de Instancia.

Como explicamos no escrito, a tramitación do proxecto de lei non pode facerse en contra dos dereitos fundamentais de miles de empregados e empregadas públicas que segundo o TREBEP (art. 37 letra k) teñen dereito á negociación colectiva a través dos seus representantes legais.

Nestes momentos, con estas condicións, votar “si” ao proxecto de lei supón cernar o dereito fundamental de miles de cidadáns, empregados/as públicos/as da Administración de Xustiza.

O Ministerio debe reflexionar, solicitar a paralización da tramitación da LOEO e abrir un proceso de negociación colectiva real e efectiva sobre a implantación do novo modelo de xustiza.

Aínda está a tempo a Ministra de exercer como tal e respectar os dereitos fundamentais dos traballadores e traballadoras dos xulgados, fiscalías, institutos e do Rexistro civil. E, entre eles, o de negociación colectiva.

O Ministerio ten a oportunidade histórica de rectificar a súa deriva. De abandonar ideas absurdas expresadas, entre outras veces, na reunión do pasado día 13 de decembro, martes, sobre que as leis non se negocian ou que o Ministerio cumpre as leis e non os acordos.

O Ministerio ten a oportunidade de demostrar que quere un acordo sobre o novo modelo de oficina xudicial e fiscal e do Rexistro civil, dado que van todos relacionados.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".