Saltar ao contido principal

RECIBIMOS DO MINISTERIO UNHA PROPOSTA DE ACORDO SOBRE A IMPLANTACIÓN DA LOEO

 

As mobilizacións obrigan ao Ministerio a enviar aos sindicatos unha proposta de acordo sobre as Disposicións Transitorias da LOEO
 
O Ministerio de Xustiza propón aumentar os prazos de entrada en funcionamento dos tribunais de instancia e as unidades procesuais de tramitación, garantíndose o carácter preceptivo da negociación colectiva das relacións de postos de traballo.  

Tras case un mes de mobilizacións convocadas por CSIF, STAJ, CCOO, UXT e CIG, con concentracións ante o Ministerio de Xustiza e nos centros de traballo, o Ministerio envíanos unha proposta de acordo na que, como punto fundamental, recóllese unha ampliación substancial dos prazos de despregamento e entrada en funcionamento dos Tribunais de Instancia e as Unidades Procesuais de Tramitación, establecéndose igualmente a preceptiva e previa negociación das súas relacións de postos de traballo, sen cuxo requisito o devandito despregamento non se produciría.

A proposta inclúe a eliminación da imposición automática das relacións de postos de traballo, que deberán ser negociadas con antelación á posta en marcha dos Tribunais de instancia, e amplía os prazos de implantación que se fixan como obxectivo para ter o novo modelo en marcha.  

Así mesmo, a proposta inclúe catro garantías para a non amortización de prazas, que non mingüen as retribucións, que non se estableza a mobilidade forzosa, así como a diferenciación de postos a efectos de concursos e outros sistemas de provisión de postos de traballo.
  

Ante esta proposta de acordo, os sindicatos esiximos a convocatoria inmediata de Mesa para iniciar as negociacións e mellorar, coas nosas alegacións o contido desa proposta de acordo, que aínda é insuficiente.

Ademais, a tramitación do Proxecto no Congreso dos Deputados pospúxose ata despois das vacacións do Nadal, tras os escritos conxuntos presentados polos sindicatos aos distintos Grupos parlamentarios, interesándolles a suspensión ante a falta de negociación colectiva.

Por iso, consideramos que segue habendo marxe para a negociación, abríndose unha oportunidade para recuperar o tempo perdido en relación coa negociación desta lei. O Ministerio de Xustiza aínda está a tempo de recobrar o sentido común e de respectar o dereito fundamental á negociación colectiva dos funcionarios e funcionarias da Administración de Xustiza a través dos seus representantes sindicais.

O Ministerio ten a oportunidade de demostrar que quere un acordo sobre o novo modelo de organización da Administración de Xustiza, da Oficina xudicial e das Oficinas fiscais e de Rexistro Civil.

Se o Ministerio mantén a súa negativa á negociación efectiva e real, non só da ampliación dos prazos de despregamento, senón tamén daqueles outros aspectos que inciden de maneira directa ou indirecta en condicións de traballo do persoal ao servizo da Administración de Xustiza, non teremos outro remedio que retomar as mobilizacións ata lograr esa negociación.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1Xggf_6CZzquOv62JL54IDt6hKyjIJecr/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".