Saltar ao contido principal

DENUNCIA SOBRE EIVAS DA "CIDADE DA XUSTIZA" DE VIGO

A CIG ven de trasladar á Dirección Xeral de Xustiza varias das eivas detectadas nunhas das visitas realizadas aos órganos xa ubicados na nova "Cidade da Xustiza" de Vigo e, como non, tamén as trasladadas polas traballadoras/es xa establecidos nos  novos órganos. Como sempre, as presas e decisións políticas antepóñense as cuestions técnicas e de sentido común e o que todo o mundo entendería dentro dunha lóxica aplastante que debe de rematarse completamente un edificio xudicial e poñelo en funcionamento en modo proba durante un tempo antes de empezar a trasladar órganos xudiciais, pois a Dirección Xeral de Xustiza non o entendeu así e debido as presións políticas da consellería e da presidencia da Xunta pois consegue este resultado de atoparse cun edificio a medio rematar, onde as sinalizacións brillan pola súa ausencia, a informática día si e dia tamén da problemas, a climatización fluctua entre o calor do inferno e frio do ceo, e un largo etcetera de eivas que ben poderían ter sido subsanadas de ter o suficiente sentidiño á hora de decidir o traslado dos órganos xudicias que, por outra banda, non corrian presa ningunha posto que a inmensa maioría dos órganos trasladados estaban en perfecto funcionamento na súa antiga ubicación da rúa Lalín.

Ligazón escrito de denuncia:

https://drive.google.com/file/d/1OGdoPjNoYbTDcEVTzqn-suLk3uk-bLNp/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".