Saltar ao contido principal

"NADA DE NADA" NA MESA SECTORIAL DE XUSTIZA DE MADRID - 01/12/2022

CARREIRA PROFESIONAL

O Ministerio, ante os avisos de concentracións en toda España pola falta de negociación colectiva e polo incumprimento dos acordos, convocounos onte día 1 para falar da implantación da carreira profesional a nivel estatal. Mais do falado na reunión só se desprende que non teñen interese de abordalo de xeito serio polo de agora, pese a comprometerse a establecer un calendario de traballo e trasladar o borrador inicial.


OEP ESTABILIZACIÓN DE LAX, MEDICINA FORENSE E CORPOS ESPECIAIS

Solicitamos que sexa o máis homoxénea posible coa de corpos xerais e non se utilicen criterios dispares co fin de evitar demandas xudiciais, así como  convocar de xeito separado o proceso de concurso do de concurso oposición.

Pero fundamentalmente solicitamos que a eliminación do exame oral para este concurso oposición sexa unha medida que chegue para quedar e que no próximo proceso de promoción interna xa non conste, reivindicación que levamos dende a CIG demandando dende hai moitos anos. Tamén solicitamos, entre outras cousas, que se amplíe o prazo de validez dos cursos de formación. 

O Ministerio quedou en analizar as alegacións presentadas e fixar unha nova reunión. Hai que lembrar que a Lei 20/21 obriga a convocar estes procesos selectivos antes de rematar o ano.

Tamén lle demandamos que, antes de final de mes, publiquen as bolsas urxentes de LAX substitutos. Así, faríanse por elas os chamamentos para a cobertura das prazas dos órganos de nova creación ou, no seu caso, as que xeren as ccss.


REIVINDICACIÓNS LOEO SOLICITUDE DE PRESENZA DA DIRECTORA

As OOSS solicitamos que algún alto cargo do Ministerio nos recibise para trasladarlle, cara a cara, a reivindicación dun calendario de negociación da LOEO, norma que de se aprobar tal e como figura no proxecto afectaría directamente ás nosas condicións substanciais de traballo.  Así se lle trasladou á Directora para el servicio público de Justicia, María Ángels García Vidal quen manifestou que, ao seu entender, “as leis non se negocian cos sindicatos”.

Houbo que lle recordar a multitude de reunións que tivemos nos distintos procesos de reforma da LOPX, por exemplo. E que é o propio TREBEP o que establece a obrigatoriedade de negociar as condicións de traballo cando estas teñan que ir reflicitidas nunha lei.

Polo tanto, e ante a vaga promesa de trasladar o noso malestar a instancias superiores, as OOSS mantemos a convocatoria de concentracións para hoxe día 2 en  protesta pola vulneración do dereito fundamental á negociación colectiva que se está a producir no caso da  Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa. 

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/11lMG0QsZxSk7liQOwbmUKzCLgPh6V9uY/view?usp=drivesdk

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".