Cando menos resulta curioso que, quen ten que ter coñecemento da lei non a aplique de xeito correcto. Onte, en plena campaña electoral na Administracion de Xustiza (cuestion que e publica e notoria no sector), a Xuiza Decana de Cambados obrigounos a ter que pedir permiso para a colocacion de publicidade sindical en dita sede xudicial. En todo caso a Xuiza Decana podería pedir que lle comuniquemos dita distribucion e o feito de falar coas traballadoras/es (como asi fixemos), para que o mesmo interfira o menos posible na actividade xudicial, ponderando tamen a excepcionalidade da campaña electoral, pero en ningun caso estar supeditados a unha solicitude de autorizacion, porque a mesma escapa da sua competencia, xa que a distribucion de publicidade e a informacion sindical ven dada de facto pola LOLS, sen necesidade de autorizacion expresa. Estar supeditados a unha peticion de autorizacion suporia que a dita peticion poderia ser denegada, cando unha lei organica establece claramente ese dereito por si soa.
Comentarios
Publicar un comentario