A CIG formula unha queixa formal ante a Consellería de Sanidade por mor da discriminación que se está a producir pola non realización das probas de cribado aos menores cuxos proxenitores non posúen a tarxeta sanitaria do Sergas.
Animámosvos a que tamén vós formuledes as correspondentes queixas, a través das ligazóns que abaixo vos facilitamos, empregando o texto que, a modo de exemplo, tamén vos achegamos e que podedes presentar copiando e pegando o mesmo, empregando o voso certificado dixital para entrar nas plataformas de presentación de escritos respectivas.
Ligazón escrito presentado pola CIG:
https://drive.google.com/file/d/1qhVmnAWUuHduNY9r8wFWtpH4IsUBY0t1/view?usp=sharing
Ligazón texto de queixa:
https://drive.google.com/file/d/13rzPIr3OpfyGUqldytz9o7L8Auxqc5Ch/view?usp=sharing
Ligazón formular queixa Consellería Sanidade:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR002A
Ligazón formular queixa Valedor do Pobo:
Comentarios
Publicar un comentario