Unha vez máis a Consellería de Sanidade discrimina ao persoal de MUXEXU que ten a atención sanitaria vinculada a entidades prestacionais privadas. Nestes días a Consellería ven de lanzar unha campaña de cribados masivos e voluntarios nos centros escolares para cativos de entre 12 e 17 anos, a través da recollida nas oficinas de farmacia das mostras de saliva correspondentes a ditos cativos. A cuestión e que este tipo de cribados só se lles practica a aquelas persoas que teñan tarxeta sanitaria do Sergas, co que se está producindo unha clarísima discriminación con respecto aos outros menores que non posúen dita tarxeta sanitaria e que os seus proxenitores ou titores queren que participen en ditas campañas de cribado.
https://elglobal.es/farmacia/las-farmacias-gallegas-amplian-los-cribados-de-covid-19-a-adolescentes/
Esta situación xa foi posta de manifesto pola CIG cando a Consellería de Sanidade puxo en marcha esta campaña de cribados e, polo que se ve, dita consellería segue a mirar cara outro lado.
Seguimos a insistir en que estes feitos, máis alá de que nos mesmos os traslademos as autoridades sanitarias da Xunta de Galiza, tamén pola vosa parte o fagades tanto á propia Consellería de Sanidade como ao Valedor do Pobo.
Ligazón queixa Consellería Sanidade:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR002A
Ligazón queixa Valedor do Pobo:
https://www.valedordopobo.gal/es/tu-queja/
Comentarios
Publicar un comentario