Saltar ao contido principal

ULTIMAS RECOMENDACIÓNS SOBRE OS DESPRAZAMENTOS - OPOSICIÓNS AUXILIO

Na páxina web do Ministerio de xustiza ven de publicarse unha nota informativa sobre os desprazamentos do día 17 de abril para a realización dos exercicios de oposición do Corpo de Auxilio Xudicial:

As causas que poden xustificar as viaxes a outras zonas do país están recollidas no Real Decreto 926/2020, do 25 de outubro, polo que se declarou o segundo -e vixente- estado de alarma. Segundo o texto publicado, pódense realizar desprazamentos, entre outras razóns, para facer exames ou probas oficiais inaprazables.

Se algunha autoridade require a xustificación do desprazamento entre zonas de mobilidade restrinxida, considérase suficiente a presentación da publicación da data do exame no BOE e a inclusión do interesado nas listas de admitidos (Orde  JUS/263/2021, do 16 de marzo, pola que se aproba a relación de admitidos e excluídos e anúnciase data, hora e lugar de celebración do primeiro e segundo exercicios do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza)

Calquera xustificante (necesidade de acompañante por motivos médicos, por exemplo) non pode ser emitido desde o órgano convocante, por carecer de competencia na motivación dos desprazamentos de persoas non incluídas nas devanditos listaxes.

Ligazón:

https://www.mjusticia.gob.es/es/ciudadanos/empleo-publico/acceso-libre/auxilio-judicial-acceso-libre2

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".