Días atrás publicabamos unha nova neste blog sobre que facer ante a incertidume da falta de chamamento dos mutualistas de MUXEXU para a vacinación, onde dabamos unhas pautas a seguir para tentar confirmar cando se podería producir dita vacinación e reclamar, no seu caso, a corrección dos datos manexados pola Consellería de Sanidade. Pois ben, en varios casos confirmados en xustiza, nos que os datos existentes na mutualidade estaban correctos, puidemos comprobar como na Consellería de Sanidade iso no era así, sobre todo no relativo ao teléfono de contacto. A única explicación que se nos ocorreu para xustificar esta situación foi que, ao parecer, o formato informático de teléfono de contacto que manexa a Consellería de Sanidade é o formato internacional (co +34), co que o número tería 12 caracteres, mentras que o formato transferido pola Mutualidade Xeral Xudicial o foi so cos 9 díxitos habituais, motivo polo cal o sistema informático da Consellería de Sanidade non recoñece o formato dese campo e o ignora.
"Los números de teléfono deben tener el formato estándar internacionalizado E.164.Los números con formato E.164 pueden tener un máximo de 15 dígitos y, por lo general, se escriben como sigue: [+][código de país][número del
suscriptor incluido el código de área]".
En conclusión, os nosos datos persoais facilitados pola MUXEXU si están na base de datos da Consellería de Sanidade pero o do teléfono de contacto non está correctamente rexistrado e isto pode estar provocando que non se estean realizando os chamamentos correspondentes para a vacinación. Deixámosvos o número de teléfono de contacto ao que chamar para que se poña correctamente ese dato 881.542.930. Nós, pola nosa banda, xa nos puxemos en contacto tanto coa Consellería de Sanidade como coa Mutualidade para, de ser ese o problema, se proceda de xeito inmediato á súa subsanación.
Ligazón correo electrónico Consellería Sanidade:
https://drive.google.com/file/d/1wKb5tMn8mk-4dEdnKKwj-biZ7Ir36Xjg/view?usp=sharing
Ligazón correo electrónico MUXEXU:
https://drive.google.com/file/d/140_aqj7JI8-M1HbhMwg8gJdaytY5UioF/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario