Saltar ao contido principal

CHEGAN DE NOVO OS TRIBUNAIS DE INSTANCIA CENTRALIZADOS

Esta semana pasada o Ministerio de Xustiza aprobou o anteproxecto de Lei de Eficiencia Organizativa do Servizo Público da Xustiza o que se traduce nunha reforma da planta xudicial, é dicir, da organización da estrutura da Administración de Xustiza.

Na base deste novo modelo que expón o departamento de Juan Carlos Campo está, entre outras cousas, converter os xulgados unipersoais -aqueles nos que hai un só xuíz ou maxistrado- en Tribunais de Instancia e transformar os xulgados de paz en Oficinas de Xustiza nos municipios.

Outra vez volve a revolotear na Administración de Xustiza a constitución dos tribunais de instancia centralizados.

Ligazón anteproxecto:

https://drive.google.com/file/d/161l1NK1drjbO9NQB6xWjjENCsKFZuxkL/view?usp=sharing

Ligazón nova "Confilegal":

https://confilegal.com/20210425-todas-las-claves-del-anteproyecto-de-ley-del-ministerio-de-justicia-para-transformar-los-juzgados-en-tribunales-de-instancia/?utm_medium=social&utm_source=whatsapp&utm_campaign=shareweb&utm_content=footer&utm_origin=footer

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".