Saltar ao contido principal

O PORQUÉ DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE DATOS ENTRE O PERSOAL DAS FISCALÍAS

Ultimamente moitas centrais sindicais estanse a apuntar ao carro da "recolección de datos persoais" das traballadoras/es da Administración de Xustiza, coas máis variopintas escusas. Agora acaba de tocarlle a quenda a UXT que, de súpeto, acórdase que ten unha sentenza do ano 2018, que anula as RPT's das Fiscalías, e lanza unha campaña de captación de datos entre as compañeiras/os destinados neses centros de traballo para, supostamente, solicitar con "exclusividade" a execución da dita sentenza e, facilitar con iso, a percepción dunhas cantidades determinadas en concepto de atrasos.

Coma sempre vos dicimos, hai que preguntar claramente que é o que se está a asinar e para que motivo se está a facer esa recolección de datos, a fin de evitar sorpresas e creación de expectativas positivas que logo acaban por non cumprirse ou non o son tanto como se publicita.

1) Cabría preguntarse como unha sentenza do ano 2018 aflora agora, case tres anos despois, para formular unha suposta execución da mesma.

2) Tamén é importante saber que as reclamacións económicas á Xunta poden facerse ata 5 anos atrás, polo tanto, segundo a propia nota informativa da central sindical, xa se estaría a perder un ano da suposta reclamación, pois só podería chegarse ata abril de 2016 (salvo interpretación dos prazos por mor do estado de alarma).

3) As sentenzas só poden executarse nos seus propios termos e, esta sentenza (podes consultala na ligazón) é meramente declarativa, e dicir, fixa a nulidade da RPT das Fiscalías aprobada no ano 2015. 

4) Como en xullo de 2020 a administración autonómica modificou a RPT e xa adaptou a mesma ao esixido polo TSXG, máis nada se pode pedir na execución da sentenza referida.

5) En todo caso, quedaría por avaliar se agora cabería a posibilidade de realizar algún tipo de reclamación individual  (que seguramente rematará no xulgado do contencioso-adminsitrativo), unha vez estudada a viabilidade de dito recurso, si é que a ten. Para este recurso no fai ningunha falta pretender a execución da sentenza referida, se non presentar, no seu caso, unha reclamación individualizada.

6)  Por todo iso esta campaña de recollida de datos por parte da UXT non ten moito sentido, más alá de facerse cos mesmos, nun intento de querer acadar afiliación a través dunha especie de "trampantojo" no que, cun engano "visual", convencer as traballadoras/es da Administración de Xustiza galega de ser eles os únicos que poden levar adiante dita reclamación, cando é evidente que iso non é así.

Ligazón sentenza TSXG:

https://drive.google.com/file/d/1xAW-eAGFFtEMy-MSutZeaF6V2aCekWbR/view?usp=sharing


Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".