Saltar ao contido principal

A XUNTA NON AVALA AS GARDAS DE 24 HORAS DE CORUÑA E VIGO E O CXPX SI

O Consello Xeral do Poder Xudicial ( CGPJ) emitiu hoxe informe favorable á implantación do sistema de prestación do servizo de gardas de 24 horas nos partidos xudiciais da Coruña e Vigo, aínda que advirte de que o cambio está condicionado a que a Xunta e o Ministerio de Xustiza asuman o seu custo económico. A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) cursou en 2019 a solicitude do cambio do sistema de gardas ao  CGPJ tras dar o visto e prace á proposta dos xuíces de instrución da Coruña e Vigo, quen avoga por modificar as gardas semanais actuais por gardas de 24 horas con quenda  rotatorio diario. A medida, segundo indica o  CGPJ no seu informe, melloraría o servizo que se ofrece á cidadanía.

O Ministerio de Xustiza mostrouse conforme coas novas quendas e disposto a asumir o custo, pero advirte de que a autorización, a efectos económicos, quedaría supeditada á dispoñibilidade orzamentaria, unha vez se procedera á aprobación da próxima Lei de Orzamentos Xerais do Estado. A Xunta, pola súa banda, considera “imposible” dispoñer dos recursos económicos necesarios neste momento para poñer en marcha o novo sistema aínda que, segundo o informe que remitiu ao  CGPJ, no futuro podería considerar a súa implementación. O Goberno galego explica no documento que a situación de emerxencia sanitaria provocou “unha reorientación dos recursos, sempre limitados, cara á creación de novos órganos xudiciais”.

A Administración autonómica destaca que Galicia acaba de poñer en marcha tres novos xulgados do social na Coruña, Vigo e Lugo, un investimento que supón “un gasto superior ao que suporía para esta comunidade as gardas de 24 horas de ambas as cidades”. Debido a esa priorización de recursos, a Xunta non considera viable neste momento a implantación do novo sistema

 Ligazón CXPX:

 https://www.poderjudicial.es/cgpj/es/Poder-Judicial/Tribunales-Superiores-de-Justicia/TSJ-Galicia/En-Portada/El-CGPJ-avala-la-implantacion-de-las--guardias-de-24-horas-en-A-Coruna-y-Vigo-

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".