Saltar ao contido principal

SABÍAS QUE?... POIS NON, NON SABÍA, PORQUE NINGUÉN MO ENSINOU


A administración autonómica segue a poñer información importante sobre o manexo das aplicacións informáticas de xestión, a modo de pílulas informativas na intranet xudicial, na crenza de que todo o mundo le a dita intranet xudicial. 

No canto de destinar os cartos existentes en formación para, precisamente, formar e capacitar as traballadoras/es da Administración de Xustiza no expediente xudicial electrónico e todo o que iso conleva, pois seguimos a realizar "cursilliños" para acadar o seguinte nivel da traxectoria profesional e manter contentas a aquelas centrais sindicais que a apoiaron no seu día.

A título de exemplo podemos ver na intranet, baixo o suxestivo título "Sabias que?", unha información que debía figurar como "Importantísima", xa que dela depende a realización de determinadas operacións esenciais para a consulta do expediente dixital electrónico. Quere isto dicir que, se non se emprega a Axenda de Sinalamentos de Minerva, pois non se poden realizar correctamente as consultas indicadas. 

Utilizar a Axenda de sinalamentos de Minerva fai posible:

  • A consulta dos sinalamentos e do procedemento dende o calendario do Visor.
  • A visualización das gravacións de eFidelius no Visor.
  • A descarga das gravacións de eFidelius na Sede Xudicial Electrónica por parte dos/as profesionais.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".