Saltar ao contido principal

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE ACCESO AO GRAO I OU GRAO II DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

No DOG de hoxe sae a resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle da publicidade ao  Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 17 de novembro de 2022, polo que se aproba o Acordo do 14 de novembro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza

En consecuencia:

1) A partir do luns 21 de novembro e ata o 13 de decembro, todos os corpos poderán solicitar, a través da OPAX,  o Grao I 

2) A partir do luns 21 de novembro e ata o 13 de decembro os tramitadores e auxilios que teñan o grao I poderán solicitar o grao II

3) A partir do 02/02/2023 e ata o 23/02/2023 os médicos forenses e xestores que teñan o grao I poderán solicitar o grao II

Ligazón DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221118/AnuncioV0654-161122-0002_gl.pdf 

Ligazón instrucións:

https://drive.google.com/file/d/1iilcy2TVj-pWyzfL56UuIxVvqPIKnRPQ/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".