Saltar ao contido principal

INICIAMOS MOBILIZACIÓNS CONTRA O MINISTEIRO POLOS SEUS INCUMPRIMENTOS

 


 

 

STAJ, CCOO, UXT E CIG INICIAMOS AS MOBILIZACIÓNS CUNHA CONCENTRACIÓN ANTE O MINISTERIO DE XUSTIZA O 22 DE NOVEMBRO

ESIXIMOS:

    • A negociación inmediata da Lei de Eficiencia Organizativa

        ◦ Non á flexibilidade nos destinos nin á duplicidade de tarefas para máis dun centro de traballo
        ◦ Garantías para salvagardar nosas actuais condicións de traballo
        ◦ Non á imposición sen negociar das novas Relacións de Postos de Traballo

    • A mellora da Promoción Interna

        ◦ Recuperación do 50% das prazas da OEP
        ◦ Convocatoria con carácter inmediato dun proceso extraordinario de Promoción Interna por concurso (sen exames)

    • A negociación, implantación e retribución inmediata da Carreira Profesional en todos os ámbitos territoriais

    • A negociación do Regulamento do novo Rexistro Civil e as súas RPTs.

    • A convocatoria dun concurso de traslado extraordinario con todas as prazas vacantes e sen conxelación de dous anos.
 

Ante os continuos ataques do Ministerio de Xustiza aos nosos dereitos a UNIDADE DE ACCIÓN de todos os sindicatos e todos e todas os e as traballadoras é a nosa mellor arma.

Convocatorias en solitario como a efectuada polo sindicato CSI-F só serven aos seus propios intereses, debilítannos como colectivo, favorecen a división do persoal e supoñen unha vantaxe para a Administración á hora de implantar as súas prexudiciais reformas.

Emprazamos a todos os traballadores e a todas as traballadoras da Administración de Xustiza a apoiar estas mobilizacións conxuntas e instamos a todas as organizacións sindicais a traballar de forma unitaria en defensa dos nosos dereitos.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1fbXy6H7iALVTLlQuVflh9NMzAWir7MlB/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".