Saltar ao contido principal

INUNDACIÓNS EN DEPENDENCIAS DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN PONTEVEDRA

Hoxe producíronse serios problemas de filtracións de auga no edificio da Audiencia Provincial de Pontevedra, sita na Rúa Rosalía de Castro.

O sector Xustiza do sindicato CIG ven denunciando estas e outras situacións de mal mantemento das instalación xudiciais da provincia de Pontevedra.

Non é a primeira vez que se producen filtracións e problemas de humidades e mal mantemento nos edificios xudiciais. Fai un tempo, no edificio antigo de Tui caeu un pasillo enteiro de falso teito e, sen ir maís lonxe, no local que fora sede dos xulgados contencioso-administrativos, situado na rúa Xermán Adrio, onde se atopan aínda arquivos, producíronse dúas inundacións nos últimos tempos; no edificio novo da Parda tamén se teñen rexistrado pingueiras e os arranxos redúcense a instalar unha prancha metálica para desviar a auga que cae no interior; existen baldosas rotas que non son repostas pola empresa encargada no seu día da realización do edificio, dentro da garantía establecida e un longo etcetera de averías por mal mantemento. 

Ligazón "Pontevedra Viva":

https://pontevedraviva.com/xeral/90444/inundacions-edificios-xudiciais-audiencia-pontevedra/

Ligazón "Faro de Vigo":

https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/11/23/temporal-causa-danos-edificios-judiciales-78982055.htm

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".