Saltar ao contido principal

NOVAS PROPOSTAS EN FORMACIÓN

O pasado 10 de novembro, con carácter previo á próxima convocatoria da mesa de formación do persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galicia, tivo lugar unha reunión de traballo (videoconferencia) para analizar a programación de formación continua da EGAP para o ano 2023.

No seu día pasamos información (BLOG) sobre as alegacións que presentamos, as cales ampliamos en base á información pasada pola EGAP, coas listaxes dos cursos recollidos na oferta de formación específica do ano 2022 (número de horas, edicións de cada curso, cociente de peticións). Así mesmo puntualizar que aínda falta que nos dean traslado da partida orzamentaria para este próximo ano.

ALEGACIÓNS A MAIORES EN BASE AOS DATOS REMITIDOS POLA EGAP:

PRIMEIRO- dúas edicións dos seguintes cursos:

Asistencia Xurídica Gratuíta, Atención as vítimas do delito e información á cidadanía e As reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito civil e tamén penal (FX22024/025).

SEGUNDO.- un curso máis amplo de prevención de riscos laborais en oficinas e despachos, xa que no seu día tod@s, ou case tod@s, fixemos un curso obrigatorio de poucas horas dirixido pola Xunta.

TERCEIRO.- REXISTRO CIVIL, un curso que estea adecuado á nova lei.

INSISTIMOS:

Que o que máis interesa agora mesmo é capacitar ao persoal nas ferramentas que se usan a diario, (CORREOS, REAJ, VISOR, SIRAJ, Etc.), por iso cómpre organizar máis cursos presenciais e webinarios sobre estas materias.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".