Saltar ao contido principal

MOBILIZACIÓNS O 2 DECEMBRO CONTRA A LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA

O Ministerio pretende:
• Reducir os centros de destino.
• Transformación automática dos cadros de persoal actual nas futuras unidades sen
negociar.
• Mobilidade funcional e xeográfica do persoal e a asignación de funcións correspondentes a outros centros de traballo distintos daquel en que se está destinado.
• Confundir a compatibilización de funcións co desempeño conxunto de diferentes postos de traballo adscritos a diferentes Relacións de Postos de Traballo.
• Non incluír á MUGEJU como centro de destino para o persoal da Administración de Xustiza, nin á Fiscalía Europea en España.
• Dilatar no tempo a confección das relacións de postos de traballo.

Todo isto vai a afectarnos:
• Na redución da mobilidade e manter un posto de traballo concreto na oficina xudicial.
• Non garante os actuais centros de destino nin as retribucións e demais dereitos laborais.
• Haberá unha redución de postos de traballo e supresión de servizos que presta a Administración de Xustiza.
• Baleirase de contido á carreira profesional que, sen dúbida, ten que estar baseada na especialización laboral e na permanencia do posto de traballo.
• Ao non existir un posto concreto, senón polivalente, nada poderá evitar que ao funcionario se lle poida remover arbitrariamente polo superior xerárquico.
• O escalafón deixará de ser un criterio obxectivo en canto á mobilidade do persoal e a opción a un posto determinado. 

CONCENTRACIÓN DE PROTESTA O VENRES 2 DE DECEMBRO AS 10:00 HORAS

 NOS XULGADOS DA CORUÑA

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1xuqvHZ_nAINLhKJJc1ho6xTOoO0VWKck/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".