Saltar ao contido principal

MESA SECTORIAL MINISTERIO - 07-11-2022

Hoxe asistimos, xunto coas ooss, Ela, Ccoo, Ugt, Staj e Csif á Mesa Sectorial no Ministerio de Xustiza. Na mesma tratáronse os seguintes temas:

INFORMACION E ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN SOBRE O PROXECTO DE LEI DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA

O ministerio informa que está xa no seu último tramo e contan que se aprobe entre finais deste ano e principios do ano que ven. A lei de eficiencia dixital e a lei de eficiencia procesal estarán publicadas a finais do primeiro trimestre do 2023.

Dende a CIG opuxémonos a que o Ministerio se negue a negociar previamente esta norma xa que afecta seriamente ás condicións de traballo e tente facelo unha vez publicada a norma. O Secretario Xeral para a Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, que presidía a mesa, afirmou que trasladaría dentro do ministerio estas inquedanzas e que se negociarán todas as condicións que nos afecten. 

BASES DE ESTABILIZACIÓN - PROCESOS SELECTIVOS LEI 20/21

Empezáronse as negociacións para a convocatoria destes procesos, que estarán publicadas antes de que remate o ano, aínda que con toda seguridade se desenrolarán no ano 2024.

Nesta primeira mesa, despois de facer as oportunas alegacións, o Ministerio aceptou que se amplíe o tempo para o cómputo da experiencia laboral. Tamén se porá unha nota mínima para superar a convocatoria por concurso.

Remitirán uns novos borradores, incluídos os de corpos especiais e LAX, quedando emprazados para remitir as alegacións por escrito previamente ás novas convocatorias de Mesas Sectoriais para o próximo 17 e 21 de novembro.

Ligazón folla informativa:

https://drive.google.com/file/d/1jopJK3a3pm8sI5D33yPg5KltWWjiBNjL/view?usp=sharing

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".