Saíu publicada a Resolución do 25 de outubro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do fondo de acción social do ano 2022 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.
O acceso por parte da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.
O pagamento tense que facer antes de que acabe o ano 2022, polo que case con total seguridade farase ao longo deste mes de novembro.
Ligazón DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221110/AnuncioV0654-031122-0003_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario