Saltar ao contido principal

MESA DE FORMACIÓN 10/11/2022

Hoxe tivo lugar, por videoconferencia, a xuntanza da mesa de formación á que asistiron as persoas responsables da EGAP. 
 
Por parte da Escola trasladóusenos a alta porcentaxe de participación nos cursos neste ano, e tamén que pensan convocar para o ano 2023 un curso da reforma concursal (máis extenso) e outro de xurisdición voluntaria coas novas reformas; tamén se comentou a petición do Imelga de que a formación específica se tratara directamente con eles, ademais de non ser somentes para os médicos e médicas forenses, senón ademais para sicologos/as e traballadores/as sociais.
 
Quedou pendente por parte da EGAP remitirnos os datos dos cursos deste ano coa participación, así como a partida orzamentaria para o ano 2023. 
 
Por parte da CIG solicitamos a realización dos seguintes cursos, independentemente dos que se poidan propoñer en base aos datos que nos remitan do ano 2022 coas súas porcentaxes.
 
Primeiro.- Aumentar as edicións dos cursos de galego, xa que o ano pasado somentes ampliaron unha. 
Segundo.- Curso de linguaxe de signos, aumentando as prazas e que teñan preferencia a xente que está cara ao público. 
Terceiro.- Que os cursos de violencia non sexan só teóricos, senón tamén dirixidos ao traballo do día a día. 
Cuarto.- Reforma concursal,que a EGAP xa manifestou contemplar. 
Quinto.- Curso actualizado de herdanzas. 
Sexto.- Cursos de idiomas con diferentes niveis. 
Sétimo.- Procesal penal actualizado 
Oitavo.- Dereito foral enfocado aos corpos de xestión, tramitación e auxilio, de 120 horas, que é o que valoran para acceder á bolsa de LAX. 
Noveno.- MÁIS CURSOS PRESENCIAIS sobre as ferramentas que usamos: Siraj, Reaj, correos, etc. 
Webinarios.- cursos a través de internet formato videoconferencia, que permite interactuar co titor. 
Tamén fixemos fincapé en que neste momento é imperioso conseguir a capacitación do persoal no EXE e, polo tanto, o esforzo formativo ten que ir encamiñado a iso, polo que solicitamos un orzamento extraordinario de formación para expediente xudicial electrónico. 
 
Noutras cuestións pedimos: 
- Descentralización dos cursos que se realizan en Santiago, para poder facelos nas delegacións correspondentes como antiguamente. 
- Saber o criterio á hora de asignar os cursos, xa que ás veces outorgan cinco a unha persoa e a outra ningún. 
- Que os cursos estean actualizados coas reformas. 
- Que na titulación do curso de EXE figure aproveitamento en lugar de só participación. 
- E moi importante e unha cuestión que pedimos sempre, a dotación de FORMADORES no propio xulgado, tanto para casos de acollida de novo persoal como o resto. 
- Así mesmo solicitamos que ampliaran a hora dos exames dos respectivos cursos máis alá das 18:30 horas, e que nas penalizacións non contara a non superación dos exames. 
 
Ligazón folla informativa:

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".