Saltar ao contido principal

MESA DE FORMACIÓN 28/11/2022

O luns 28 de novembro tivo lugar, con carácter previo á convocatoria de cursos, a mesa de formación de Xustiza Este luns 28 de novembro tivo lugar, con carácter previo á convocatoria de cursos, a mesa de formación de Xustiza (videoconferencia) para analizar as alegacións e propostas realizadas na xuntanza de traballo do día 10 do presente mes.

Por parte da Dirección Xeral comunicóusenos:

- A eliminación do curso de "Concurso de Persoa Física" debido á Lei 16/2022.

- A convocatoria de oito novos cursos no ámbito civil, penal, contencioso-administrativo e laboral.

- Que os cursos de galego xestiónanse pola EGAP baixo a oferta previa que realiza Política Lingüística. Non obstante tentarán ampliar esa oferta.

- Que ao longo do día de hoxe  nos darán traslado ás OOSS da partida orzamentaria da que dispón a Dirección Xeral para formación.

- Que a formación por parte da AMTEGA estase a realizar periodicamente, sendo intención extendela a todos os funcionarios, Lax, Xuices...

- En canto á Bolsa de Formadores comprométese a tratar o tema en profundidade.

Pola CIG insistimos:

- Que a formación aos funcionarios se dirixira máis a coñecer as ferramentas de traballo na CCAA de Galiza, así como de todas as novidades informáticas e tecnolóxicas que teñan lugar no posto de traballo

- A convocatoria de máis prazas de cursos de galego xurídico de niveis medio e superior.

- Os cursos de prevención laboral debería ser máis extensos 

- Un novo curso de dereito foral de 120 horas esixido nas bolsas de LAX.

- Os cursos presenciais e prácticos en linguaxe de signos enfocado en primeiro lugar para postos de atención ao cidadán

- Unha oferta de cursos  en formato  webinario.

- Que a formación en violencia de xénero fora máis práctica.

- Un curso adecuado á nova Lei de Rexistro Civil.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

NOVOS PERMISOS FAMILIARES EBEP

Mentras non se mude a OPAX haberá que facer a petición dos permisos a través dos modelos que vos deixamos na ligazón. Ligazón folla informativa e modelos: https://drive.google.com/file/d/1MPr5QqScvQRMwysy7gh6SzErzD0lrRKo/view?usp=sharing

ERRO MONUMENTAL NAS VACANTES DO VINDEIRO CONCURSO DE TRASLADOS

A media mañá de hoxe venres recibimos unha chamada da Subdirectora Xeral de Persoal da Adminstración de Xutiza de Galiza informándonos de que se vai ver modificada a lista de vacantes que se ofertarán no concurso. A razón é que se convocaron para a oposición un maior número de prazas das que agora teñen dispoñibles para outorgar destino, polo que se tivo que tomar a decisión de retirar do concurso aquelas prazas que non tiveran sido cubertas a resultas no do ano pasado. Entendemos que é un problema grave ao que a Dirección Xeral ten que buscar solución e que ningún aprobado/a se debe ver prexudicado/a pola mala previsión das persoas responsables, pero ofertando un menor número de prazas estase aminorando tamén a posibilidade de que os compañeiros e compañeiras que están destinados/as fóra de Galiza ou lonxe do seu domicilio poidan acadar unha praza máis próxima. Denunciamos polo tanto o mal facer da Administración neste caso así como o prexuízo que se está a causar ás persoas que quere

RESULTADOS ELECCIÓNS SINDICAIS 2023

Como sabedes, onte celebráronse eleccións sindicais na Administración de Xustiza en Galiza. Os resultados para a CIG non foron satisfactorios porque, ainda que se ben aumentamos en votos, perdemos unha delegad@ na provincia da Coruña e outra na de Pontevedra. Queremos felicitar aos compañeiros/as de Lugo que, con 4 delegad@s, son a forza maioritaria nesa provincia.  Os/ as demais abrimos un momento de reflexión sobre o traballo realizado e a maneira de melloralo de cara a conseguir unha maior confianza por parte dos/as traballadores/as de Xustiza. Queremos agradecer tamén a todos aqueles e aquelas que confiastes en nós e nos destes o voso voto. Por vós seguiremos loitando da maneira que nos caracteriza e intentando que o noso traballo chegue a máis xente. "Non podemos cambiar o mundo, pero o mundo non nos vai cambiar a nós".