Publicouse no DOG do 17 de novembro a RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 3 de novembro de 2022 polo que se aproba o Acordo do 28 de outubro de 2022 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CIG E CC.OO. para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional do persoal ao servizo da Administración de xustiza.
Agora hai que agardar á publicación do acordo polo que se convoca o procedemento para o acceso extraordinario aos graos I e II que, posiblemente, sexa na semana que ven. En base a este acordo concederase o prazo de 15 días para poder solicitar o acceso aos graos indicados.
Ligazón DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221117/AnuncioV0654-161122-0001_gl.pdf
Comentarios
Publicar un comentario