Na mesa de negociación celebrada hoxe, 21 de novembro, para negociación dos procesos de estabilización, os sindicatos STAJ, CCOO, UXT e CIG esiximos a presenza dalgún alto cargo do Ministerio, con capacidade de decisión, para que dea resposta á esixencia de convocatoria inmediata de mesa de negociación sobre a LEI ORGÁNICA DE EFICIENCIA ORGANIZATIVA, así como do resto de reivindicacións presentadas ao Ministerio estes días.
Os representantes dos sindicatos quedaremos nas dependencias do Ministerio ata que algún cargo con poder de decisión faga acto de presenza e escoite as reivindicacións sindicais. Alégranos ver que o representante de CSI-F na reunión de hoxe tamén vai permanecer nas dependencias ministeriais adheríndose á nosa protesta.
Lembrámosvos que mañá día 22 de novembro STAJ, CCOO, UXT e CIG convocan un CONCENTRACIÓN fronte á sede do Ministerio de Xustiza no número 45 da rúa San Bernardo de Madrid, ás 12 horas.
Do mesmo xeito, están convocadas concentracións nos centros de traballo para o día 2 de decembro, que manteremos se o Ministerio non se prega a negociar.
Ligazón cartaz concentración:
https://drive.google.com/file/d/1_wC020dFi48_QKHtIK54C9weJ2DWZu4v/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario